Apertura do prazo para presentar as candidaturas aos premios do deporte do Carballiño
A área de Deportes do concello do Carballiño abriu xa o prazo para presentar candidaturas para os premios do deporte, e que serán entregados na gala que se celebrará o próximo mes de xaneiro no auditorio da vila.
As candidaturas poderanse presentar tanto por colectivos, clubs, ximnasios ou particulares, sempre que acheguen un currículo suficiente para optar a estes premios. Os mesmo entregaranse tamén a título persoal, a equipos ou a toda unha traxectoria no mundo do deporte, e sempre tendo en conta a difusión do deporte carballiñés dentro e fóra das fronteiras locais.
Estas candidaturas deberán presentarse na área de Deportes do concello do Carballiño, situada na segunda planta da Casa Consistorial, até o 17 de xaneiro ás 14:00 horas.











