Apertura do prazo de inscrición para as sesións especiais de Nadal de ExploraDomus
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que desde mañá estará aberto o prazo para inscribirse nas sesións especiais de Nadal do programa ExploraDomus.
ExploraDomus Nadal é un taller de actividades na Domus pensado para nenos e nenas de 6 a 10 anos. A actividade comeza coa película en 3D Lendas do voo, na que explorarán a relación entre o voo na natureza, o deseño dos avións, a súa construción e a tecnoloxía que se esconde detrás, para continuar no Laboratorio Aberto cun taller no que construirán os seus propios dispositivos voadores e poderanos probar.
Celebraranse sesións o 28, 29 e 30 de decembro ás 11.45 e ás 16.45 horas. Para participar hai que inscribirse previamente, a partir de mañá martes, 17 de decembro, enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org , indicando día, hora, nome do neno e idade.
A tarifa é de 1 euro por participante, e gratis para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares de Cartón 20. Máis información no 981 18 98 40.











