publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para a actividade ‘Esquiando en Manzaneda’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dentro do ciclo actividades programadas para o Nadal, abre o prazo de inscrición, a partir do martes 10 de decembro, para formar parte da actividade ‘Esquiando en Manzaneda’, realizada para que os/as nenos/as de Verín e comarca poidan acudir a esta estación de montaña e así aprender o deporte do esquí.

Devandita actividade deportiva terá lugar o vindeiro 02 de xaneiro, e está destinada a menores con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos. O número de prazas ofertada é e 50. O  prezo por asistir a actividade ‘Esquiando en Manzaneda’ é de 30 euros, e inclúe o desprazamento entre Verín e a estación de Manzaneda (a saída será ás 8 horas, desde a praza do Concello, e o retorno ás 19.30 horas, ao mesmo lugar), seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes, monitores/as acompañantes, xantar, forfait, material de esquí (botas, esquís e bastóns), acceso aos remontes en telesilla, clases de esquí con profesores titulados, ademais de poder participar noutras actividades que se ofertan nesta estación como son palas ou esquí libre, entre outras.

5 de decembro de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.