“Antía, Wamba e o regato pequeno” chega a Fene
O concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais, igualdade e ensino que dirixe Juana Barro Coutovai a ter lugar o venres día 13 de decembro ás 18.00h na casa da cultura o espectáculo dirixido a familias con nenos/as de idades comprendidas entre 8 e 10 anos “ ANTÍA , WAMBA E O REGATO PEQUENO” (contos para todo o mundo e para un mundo de todos),froito da colaboración entre o Fondo Galego e A Tropa de Trapo.
Esta obra está dirixida ao público infantil e familiar, conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. …E así, cargados de historias, percorremos a xeografía galega enteira (…que non é pouco!).
A Tropa de Trapo, un feixe de historias e melodías, de realidades, de soños e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.
Con esta obra incentivase a sensibilización e concienciación cara a solidariedade en todas as súas vertentes.











