publicidade hoxe

Amplíase o programa de rehabilitación da asociación Amarai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

A asociación Amarai amplía o seu PROGRAMA DE REHABILITACIÓN para socios/as e non socios/as para o ano 2014  con dúas novas disciplinas:

– Por unha banda, a Hipoterapia/Equitación adaptada que consiste no tratamento terapéutico de persoas  con discapacidade física ou psíquica mediante o aproveitamento da relación que se establece entre o xinete e o cabalo. A finalidade é estimular e contribuír ao desenvolvemento físico, psíquico, emocional, social e ocupacional de persoas con discapacidade ou necesidades especiais. O prazo para anotarse remata o 30 de decembro.

– Por outra banda, pretendemos continuar o curso de BAILE DE SALÓN que comezamos no último trimestre deste ano, no que participan un total de 12 participantes, que esperamos incrementar. Este curso seguirase a impartir os sábados de 12:00 a 13:00 horas en Arzúa e dará comezo o sábado 11 de xaneiro, rematando o sábado 28 de xuño. O prazo para anotarse remata este venres día 27 de decembro.

Os prezos son:

– Persoa con ou sen discapacidade socia……13 €/mes.

 – Persoa non socia………………………………….18 €/mes.

As prazas son limitadas.

23 de decembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.