publicidade hoxe

Amplíase a tres quilómetros o percorrido da oitava edición da Subida ao Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O edil de Deportes salientou que a Subida ao Castro é a oitava e penúltima proba do Circuito de Carreiras Populares de Vigo, que concluirá o próximo 22 de decembro co Gran Premio de Nadal. Fernández subliñou o “singular” do evento deste domingo, “diferente ao conxunto das outras probas”, e felicitou á organización polo seu traballo.

A edición de 2013 presenta como novidades a ampliación do percorrido, que pasa dos dous quilómetros habituais a tres, a petición dos atletas. O traxecto tamén varía, dando unha volta máis no entorno de Montero Ríos, punto de inicio do certame, e pasando pola Pinacoteca municipal en lugar de subir as escaleiras da Segunda República.

A organización agarda para este ano a participación duns 600 atletas, cifra que ven sendo habitual nas últimas edicións dunha carreira que ten á “altitude” como “protagonista”. A inscripción estará aberta ata o próximo xoves na web da Subida, cun prezo de cinco euros e cunha camiseta de agasallo.

9 de decembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.