publicidade hoxe

Ampliado o prazo de recepción de solicitudes no programa de recepción de solicitudes no programa de subvencións da Deputación da Coruña para o ano 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a ampliación de prazos de presentación de solicitudes e documentación dentro das convocatorias de subvencións do ano 2014 dirixidas aos 93 concellos, a outros organismos locais e ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia.

Co obxectivo de facilitar os trámites e o acceso dos concellos e as entidades para o seu acceso a este tipo de subvencións ordinarias, a Deputación decidiu aumentar o prazo para a recepción de documentación dos concellos ata o día  20 de decembro e, no caso das entidades, o novo día máximo será o 10 de xaneiro, nos dous casos ás 14 horas. 

Dentro destes programas, a Deputación destina máis de 12 millóns de euros ao fomento de actividades e investimentos de interese público a través das asociacións, entidades, federacións ou clubs da provincia coruñesa, así como aos 93 concellos que a conforman.

Este ano, e por segunda vez consecutiva, o trámite de presentación de solicitudes se realiza de xeito telemático a través da web www.dicoruna.es, unha ferramenta coa que se axilizarán prazos e sobre a que a Deputación da Coruña imparte charlas informativas ao longo de toda a provincia dende o mes de novembro.

Nas bases de cada unha das convocatoria xa publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 14 de novembro os interesados tamén poderán coñecer aquí os baremos obxectivos para as concesións das axudas que se realizarán en base á concorrencia competitiva.

 Charlas informativas

Ademais, durante o mes de novembro, traballadores e técnicos da Deputación da Coruña realizaron unha programación de charlas informativas sobre estas convocatorias ás que asistiron preto de 2.000 persoas interesadas.

Co fin de chegar ao maior número de poboación posible, organizáronse conferencias en Carballo, Cee, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Ortigueira, Santiago, Melide, Ribeira e Outes.

Durante estes encontros, traballadores das áreas de Intervención como de Organización e Sistemas acompañaron aos técnicos de Cultura, Deportes, Promoción Económica ou Servizos Sociais para ofrecer a información necesaria a todos os interesados en solicitar algún tipo de axuda da Deputación.

Deste xeito, os representantes dos concellos ou das entidades sen ánimo de lucro escoitaron, ademais das características das diferentes liñas de subvención abertas, como funciona o sistema telemático de solicitude, que documentación deben subministrar e cales son os prazos específicos para cada convocatoria.

As diferentes liñas de subvencións convocadas pola Deputación son:

Área de Servizos Sociais

– Convocatoria para concellos e entidades locais para o desenvolvemento de Servizos Sociais
– Convocatoria a concellos e entidades locais para desenvolvemento de políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero
– Convocatoria para concellos e outras entidades locais interesadas na realización de programas de envellecemento activo 
– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais
– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais
– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para mantemento de programas sociosanitarios
– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero 
– Convocatoria para concellos e entidades locais para creación ou mantemento de servizos lingüísticos

Área de Promoción Económica

– Convocatoria para concellos e entidades locais para investimentos de promoción económica
– Convocatoria para concellos e entidades locais para actividades de promoción económica
– Convocatoria para entidades para investimentos de promoción económica
– Convocatoria para entidades para actividades de promoción económica
– Convocatoria de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e labregas da provincia para actividades
– Convocatoria de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e labregas da provincia para investimentos
– Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para actividades
– Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para investimentos

Área de Deportes

– Convocatoria para concellos e entidades para actividades deportivas
– Convocatoria para concellos e entidades para a realización de investimentos deportivos
– Convocatoria para concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo
– Convocatoria para entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro para desenvolvemento de eventos deportivos oficiais na provincia
– Convocatoria para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a realización de actividade físico-deportiva non federada
– Convocatoria para entidades deportivas sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento
– Convocatoria a clubs deportivos sen ánimo de lucro con equipos de competición federada para a participación dos equipos federados en competicións deportivas
– Convocatoria para federacións deportivas galegas para realizar actividades de promoción deportiva e formación de técnicos no ámbito provincial

Área de Cultura

– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais
– Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais
– Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar actividades culturais
– Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar de investimentos culturais
– Convocatoria para concellos e entidades locais para contratar animadores culturais

9 de decembro de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.