publicidade hoxe

Ames comeza o proceso de contratación dos servizos de limpeza de 21 edificios e dependencias municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar o inicio do proceso de contratación do servizo de limpeza en 21 centros e dependencias municipais. O obxectivo desta licitación é optimizar e agrupar os servizos de limpeza en todas estas instalacións, que ata o momento se realizaban a través de diferentes empresas. Deste xeito, tamén se consegue unha mellor coordinación do servizo en todas as instalacións municipais. É a primeira vez que se licita en conxunto o servizo de limpeza de todos estes centros.

As instalacións municipais que son obxecto deste contrato son as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, a biblioteca municipal do Milladoiro, o centro de saúde do Milladoiro, as oficinas de Urbanismo, da Policía Local, os locais de Aldea Nova, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, as oficinas municipais do Milladoiro, o xulgado de paz, a Aula da Natureza e os locais sociais de Cruxeiras, Piñeiro, Ortoño, Agrón, Aguapesada, Trasmonte, Biduído, Ameixenda e Tapia.

O orzamento base para esta contratación é de 325.150 euros e a súa duración inicial será de dous anos, prorrogables por dous máis. Este procedemento de contratación e o seu correspondente prego será publicado no Diario Oficial da Unión Europea, no Boletín Oficial do Estado e no perfil do contratante da web municipal. As ofertas poderán presentarse dentro do prazo sinalado nos anuncios que se publicarán sobre esta contratación.

12 de decembro de 2013 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.