publicidade hoxe

Ameaza con “matar a toda” a clientela dunhas cafetarías con dous machados en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
E.P.

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, F.J.S.R., de 42 anos de idade, como presunto autor dun delito de ameazas, tras increpar os clientes dunhas cafetarías, mentres brandía dous machados.

Os feitos tiveron lugar na tarde do pasado sábado, na zona de Balaídos, cando unha dotación foi requirida ante a presenza dun home que se dirixira aos clientes dunha cafetaría da rúa Fragoso, ameazándoos con dous machados.

Cando chegaron ao lugar, o propietario do local explicou os axentes que o home increpaba á xente por estacionar nun descampado, preto de onde reside, e porque, segundo dicía, lle molestaban eses vehículos. Ao saír desa cafetaría, este varón dirixiuse a outro bar próximo e realizou as mesmas ameazas.

A Policía localizou o presunto autor das ameazas nun descampado preto das cafetarías, mentres que os machados foron atopados no medio dunhas silveiras (onde unha testemuña viu como o home as escondía).

O sospeitoso recoñeceu os feitos e, aínda en presenza dos funcionarios policiais, dirixiuse novamente cara aos bares e dixo aos clientes que volvería ao lugar e ía matalos a todos” porque son “uns cabrones”. O detido e as dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda.

2 de decembro de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.