publicidade hoxe

Allariz acolle unha nova edición do Mercado da Reserva da Biosfera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Mercado da Reserva da Biosfera Área de Allariz abrirá este sábado, 7 de decembro, durante todo o día, en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.

O Mercado, que se celebra todos os sábados pola mañá na Praza de Abastos, acolle a unha quincena de produtores que venden exclusivamente produto fabricado no entorno da Reserva da Biosfera: nos catro concellos integrantes, Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.

Produtos de horta, hortalizas e froitas, marmeladas e mel ecolóxicas, cogomelos, embutido e queixo do Rexo, pan, cervexa artesá e leite ecolóxica, entre outros, son os produtos que se poden atopar neste mercado gastronómico

5 de decembro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.