Aleixo García Caramés gaña o concurso de postais de Nadal de Cervo

Deseño gañador
O deseño gañador do XIV Concurso de postais de Nadal co que o Concello de Cervo felicita de forma oficial as festas a institucións, organismos e entidades foi o realizado por Aleixo García Caramés, de sete anos e alumno do CEIP Cervo nº1. En canto aos gañadores por categorías, son os seguintes:
-De 3 a 5 anos: Yeray Candal Luque
-De 6 a 9 anos: Xoel Lorigados
-De 10 a 12 anos: Marina Rey Díaz
Todos os traballos, tanto os gañadores como os presentados (uns 20) están expostos durante as festas na Casa da Cultura.











