Alberto, Samu e Torres, convocados pola selección galega para o Campionato de España de seleccións territoriais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O seleccionador galego sub-19, Mon Barreiro, deu a coñecer a listaxe de convocados para disputar a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se disputará os días 28 e 29 na cidade de Las Rozas (Madrid). A selección galega, encadrada no grupo D xunto con Estremadura e Madrid, buscará a primeira praza que lle do pase á fase final, que terá lugar do 28 ao 30 de Marzo.

Entre os 12 convocados atópanse o tres xogadores xuvenís do Santiago Futsal: o porteiro Alberto Fernández, e os xogadores Samuel Fernández e Adrián Torres. Xunto con eles, estarán en seleccionador galego Mon Barreiro, segundo adestrador do Santiago Futsal e o axudante do seleccionador, Jorge Basanta, adestrador dos equipos xuvenís do club santiagués.

A selección galega estrearase o sábado 28 ás 11h ante Estremadura no Polideportivo San José e o domingo 29 xogará ante a selección de Madrid tamén ás 11h no mesmo escenario.

A listaxe de convocados está formado por:

Carballiño FS:

Aaron Dacosta Lorenzo

Burela FS Pesc Rubén:

Helder Gonçalves Semedo

Erik Campo Vázquez

Vilalba FS:

Ismael Vázquez Villares

Santiago Futsal:

Alberto Fernández Domínguez     

Samuel Fernández Vilas

Adrián Torres Giadáns

Azkar Lugo:

Rubén Mouriz Pena

Adrián González Varela

Asier González Nuñez

Gr Ganais CD Beade:

Miguel Ángel Rodríguez López

AD Barval FS:

Martín Rodríguez Neira

 

23 de decembro de 2013 | 20:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.