Aguieira, Faísca Nejra, Squid e A Peregrina impuxéronse na segunda proba en Aguete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Excelente xornada de regatas a que se viviu este pasado sábado na Ría de Pontevedra na celebración da segunda proba da XV REGATA DE NADAL – TROFEO COMODORO MANUEL NORES que está a organizar o Real Club de Mar de Aguete para as Clases de Cruceiro ORC, Menores de 23 piés e CLASICOS/EPOCA, xa que o vento do nordeste soprou durante toda a regata cunha media de 14 nós de intensidade nun día bastante claro e temperatura aceptable.

Saída novamente puntual ás 13.30 horas para realizar os ORC un percorrido costeiro de 10,5 millas facendo un desmarque en cinguida dunha milla, unha empopada moi larga até o faro da Mourisca en Bueu despois de deixar a baliza de Morrazán no centro da ría a estribor e regreso en dura e táctica cinguida novamente até a frontal do club anfitrión, mentres que os menores de 23 piés viraban xa en Morrazán e terminaban en Aguete  cun total de 6,1 millas. Boa saída da FAÍSCA NEJRA, e cinguida moi igualada até a baliza de desmarque onde vira xa de primeiro o OZOAQUA en tempo real, seguido moi de preto polo SEBRALA e o YOU KOUN KOUN, que por certo estreaba veas e levaba abordo póndollas a punto o gran regatista Laureano Wizner. Precisamente o YOU KOUN KOUN fixo unha gran remontada e finalmente entrou de primeiro en tempo real case á vez que o SEBRALA. E magnífico tamén neste grupo o AGUIEIRA que foi de menos a máis e finalmente gañou en tempo compensado a xeral e a Clase 1.  En Clase 2 a FAÍSCA NEJRA ademais de saír ben gañou finalmente en compensado pondo a xeral moi apertada e en Clase 3 novamente o SQUID fixo unha moi boa regata gañando con claridade. E na de menores de  23 piés A PEREGRINA gañou seguido do BOIRA e o QUESITO

As clasificacións técnicas dos primeiros en cada División ORC foi a seguinte,   

CLASE 1:

1º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 – Celestino Campelo –RCM Aguete)
2º) YOUKOUNKOUN (Jod 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo) a 28´´sgs.
3º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo)  a 02´ 25´´
4º) OZOAQUA (IMX 38 – Juan Carlos Pérez  – CN Combarro) a 03´ 23´´

CLASE 2:

1º) FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rei – CN Beluso)
2º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – CN Combarro)  a 02´ 02´´
3º) BILLA (First 27.7 – Francisco Freire _RCM. Aguete) a 09´ 08´´
4º) MAR DE FRADES (First 31.7–Joaquín Carneiro-Ro Yatch Combarro) a 10´ 59´´

CLASE 3:

1º) SQUID (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo) 
2º) SANTIAGO ROMA (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo-CN Beluso) a 06´ 22´´
3º) AQUARI (Oceanis 351 – Luís Malvar – CN Beluso) a 09´ 02´´
4º) CAMARÓN VINTE (Yatlant 24-Javier Pérez-CN Combarro) a 11´ 10´´

CLASE MENORES 23 pés:

1º) A PEREGRINA (Puma 23 – Carlos Núñez – Independente) 
2º) BOIRA (Condor 20 – Emilñio Castiñeiras-CN Moaña) a 04´ 53´´
3º) QUESITO (First 21,7 – Fernando Torre – CN Combarro) a 08´ 02´´

As xerais tras as dúas primeiras probas, en Clase 1 vai primeiro AGUIEIRA con 3 puntos, seguido por YOUKOUNKOUN e OZOAQUA ambos con 5;  en Clase 2 marcha primeiro o ENXUTO con 3, seguido de FAÍSCA NEJRA con 4 e MAR DE FRADES con 6;  en Clase 3 comanda o SQUID con 2 puntos, seguido de SANTIAGO ROMA e AQUARI ambos con 5; e por úñlrimo en Clase menores de 23 pés, primeiro vai o A PEREGRINA con 2, seguido de BOIRA con 7 e QUESITO con 10.

A proba definitiva o vindeiro sábado día 14 onde entrarán en liza tamén os Clásicos e de Época, con entrega de premios pola noite no Club no transcurso dunha cea que será a festa anual da vela do Real Culb de Mar Aguete.

2 de decembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.