Afeccións no tráfico coruñés por obras
A área de Mobilidade do Concello da Coruña informa das seguintes afeccións:
– Con motivo das obras de construción da Terceira Rolda, a noite do próximo luns 16 de decembro entre as 23.30 e as 7.00 horas , será necesario o corte da glorieta de Pocomaco, manténdose todos os movementos de tráfico (desvío por camiño auxiliar con señalistas de obra) excepto o acceso ao Polígono. O acceso ao Polígono realizarase polo CP-512, Mesoiro e 6ª Avenida (altura Cervecería Sampaio).
– Con motivo da reposición da sinalización horizontal tras as obras de canalización de Unión Fenosa na contorna da glorieta de Eduardo Diz, o vindeiro luns 16 de decembro entre as 9.00 e as 17.00 horas, será necesaria a ocupación de carril para o pintado da recente zona asfaltada, manténdose sempre carrís libres para a circulación de vehículos. A zona da avenida de Salgado Torres realizarase entre as 11.00 e as 14.00 horas.
– Con motivo das obras de remodelación da rúa Fernández Latorre, seá necesaria a prórroga da afección de ocupación dos carrís central e dereito na avenida Fernández Latorre e o carril esquerdo na rúa Enrique Hervada. A afección iniciada o día 4 de decembro inicialmente tiña unha data de finalización para hoxe 13 de decembro, a cal se prorroga até o 20 de decembro de 2013.











