Adxudícase a segunda fase da inspección do padrón do IBI en Pontevedra
O Concello de Pontevedra acaba de adxudicar á empresa Longo y asociados a segunda fase da inspección do padrón do Imposto de Bens Inmobles que se centrará no ámbito urbano. Trátase dunha adxudicación de 52.000 euros que poderá estar resolta ao longo do vindeiro 2014. Con esta posta ao día do padrón co obxectivo de que aflore o fraude, ben por unidades novas que non estaban dadas de alta ou o estaban en parte. A Concellaría de Economía e Facenda, que xestiona Raimundo González Carballo, lembra que na primeira parte desta inspección afloraron 1.353 unidades que suporán un incremento no padrón de 350.000 euros, e o cobro de atrasos que se pode achegar aos 600.000 euros.