publicidade hoxe

Adxudicada por 166.000 euros a obra para cubrir o patio do colexio Castelao, en Navia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero deu conta este martes da clasificación de ofertas -a anterior adxudicación provisional, para a contratación das obras de mellora e reposición do patio do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, en Navia. O alcalde informou que o goberno de Vigo investirá 166.000 euros para cubrir o patio do nomeado colexio, renovar o pavimento do mesmo e instalar faldóns laterais para protexelo da chuvia.

O rexedor vigués denunciou que a cobertura do patio de Navia é “competencia” da Xunta de Galicia, mais o acomete o Concello porque o goberno autonómico “non atende aos problemas da cidade de Vigo”.

A Xunta de Goberno Local que deu luz verde a esta mellora tamén validou a clasificación de ofertas e autorizou a contratación do subministro de prantas de tempada, que conlevará a reposición de 377 árbores da cidade que se atopan secos ou danados por actos de vandalismo.

10 de decembro de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.