publicidade hoxe

Adeto repartirá 3.500 euros en premios durante a campaña de Nadal en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 3500€ en cheques regalos, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña “Nadal En Tomiño” tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificativo da campaña, recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 200€, repartindose en total 3500€. Esta é unha campaña que xa se iniciou e rematará o día 10 de Xaneiro cun sorteo que se celebrara o día 13 de Xaneiro no local de Adeto, onde sabremos os gañadores deste nadal.

Ademais a asociación Adeto coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño e do Concello, esporán nos seus negocios e nalgunha calle, diferentes adornos navideños feitos polos alumnos dos colexios e por outra parte habra un concurso de debuxos de Nadal tamen cos colexios, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto e no Centro Goianes dende o día 23 de Decembro ata o Día 5 de Xaneiro.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

19 de decembro de 2013 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.