Adestramentos, Nadal e partidos de liga do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A LNFS non para por Nadais e así este fin de semana volverá disputarse unha nova xornada de liga, neste caso a 17ª en 1ª división. O Azkar Lugo regresou esta tarde ao traballo para así comezar a preparar o choque desta xornada e que este sábado (18:30 horas – Pavillón Jacint Verdaguer) enfrontaralle ao Marfil Santa Coloma.

No arranque de semana, Diego Ríos puido comezar a preparar o choque ante os colomenses con todos os seus efectivos, incluído Cospe, que se incorpora á dinámica co resto do grupo, pero sen Jose López que continúa recuperándose da súa lesión.

Horarios de adestramentos:

Luns 23:
19:00 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).

Martes 24:
10:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Mércores 25:
Descanso.

Xoves 26:
18:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
22:00 horas: saída cara a Barcelona (Centro Deportivo Terra).

Venres 27:
16:00 horas: sesión técnico-táctica (Pavillón Municipal Vilassar de Mar).

Sábado 28:
18:30 horas: 17ª xornada de liga: Marfil Santa Coloma – Azkar Lugo FS (Pavillón Jacint Verdaguer).

Domingo 29:
Descanso.

23 de decembro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.