Actividades do Nadal pontevedrés no remate e inicio do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

As propostas da programación de Nadal do Concello para os vindeiros días é a seguinte:

Luns, 30 de decembro

• Teatro Principal. Concerto da Banda de Música de Pontevedra, ás 21.00 horas. Entrada libre até completar cabida.

• Animación de rúa. Festas infantís. Xogos populares. Ás 17.00 horas na praza de Curros Enríquez.

Mércores, 1 de xaneiro

• Auditorio. Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra xunto ao Ballet de Galicia. Ás 19.00 horas. Organizado polo Pazo da Cultura. Prezo: 12 €. 10 € para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada en www.servinova.com

Xoves, 2 de xaneiro

• Animación de rúa. Polo aire, xogando con globos. Ás 17.00 horas na Praza da Ferraría.

30 de decembro de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.