Actividades da programación de Nadal 2013 en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

¡Quero xogar polo Nadal!: Obradoiros e actividades lúdicas na biblioteca para nen@s nas datas: 26, 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro.

Nas datas non lectivas, do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, a biblioteca abrirá en horario de mañá, de 11 a 14:30 h.

Ademais, como cada ano a Concellaría de Cultura e a Biblioteca Municipal organizan:

Lotaría de Libros

Agasallo dunha cesta de libros entre os que efectúen préstamo de libros durante o mes de decembro. Con cada libro retirado depositarase unha papeleta na urna instalada nas dependencias da biblioteca. O sorteo da cesta de libros terá lugar o luns 23 de decembro.

Premio “Os lectores do ano”

Recoñecemento ao usuario infantil e ao usuario adulto máis activo no último ano, segundo o rexistro de préstamos da biblioteca municipal. Os gañadores ou gañadoras recibirán como agasallo sendos lotes de libros. A entrega realizarase o luns 30 de decembro.

Club de Lectura

Na sesión de mañá entregarase o libro Historias da Terra e do Mar, de Sophia de Mello. A derradeira sesión do 2013 do terá lugar o 18 de decembro. Debido ás datas festivas do nadal, retomarase a actividade do club o 8 de xaneiro. As persoas interesadas poden incorporarse en calquera momento, inscribíndose no teléfono 986 770 001 ou no correo-e cultura@concellopoio.org.

3 de decembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.