publicidade hoxe

Actividades culturais para o fin de semana en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

LUVAS VERDES

Última cita do ano deste programa do Departamento de Medioambiente en colaboración coa AAVV de San Xián de Sales.

DATA: Mañá venres 20 de decembro ás 10.00 h

LUGAR DE REUNIÓN: O campo da festa de San Xián

*Recuperación dos lugares de A Torre e Paradela.

CICLO 4x4x4

Coa Asociación Senunpeso

Trátase da terceira entrega deste ciclo, que trata de divulgar longametraxes documentais feitas en Galicia recentemente. Neste caso proxectan “Morreu o demo, acabouse a peseta”, documental que nos achega á mítica figura do teatro popular “Barriga verde”; contarán coa presenza do director e co-guionista, Pedro Solla, e coa produtora Comba Campoy para presentar e dialogar co público.

*Achégase cartaz

DATA: VENRES 20 DE DECEMBRO

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

HORA: ÁS 21:00 H

CONCERTO DE NADAL

Da Escola de Música de “Santa Cruz” do Concello de Vedra

DATA: SÁBADO 21 DE DECEMBRO

LUGAR: CASA DA CULTURA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

HORA: Ás 18:00 H

O partido “Río Natura Monbus –  Unicaja”

Por 10 € para a xente de Vedra

O sábado 21 de decembro, ás 20.00 h no pavillón Multiusos Fonte do Sar

POR SÓ 10 € PARA A VECIÑANZA DE VEDRA!! Grazas á campaña “Cidades Amigas”

Aproveita a ocasión para vivir un gran partido de baloncesto (só tes que acreditar que estás empadroado en Vedra, co DNI, ou calquera outro documento que o demostre)

19 de decembro de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.