publicidade hoxe

Actividades culturais do 20 ao 22 de decembro en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

VENRES 20 DE DECEMBRO, AUDITORIO DE RIANXO, 20:30H.

FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO (1ª PARTE): frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, contrabaixo e combo de jazz. Entrada de balde ata encher o aforo. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo

SÁBADO 21 DE DECEMBRO, AUDITORIO DE RIANXO, 20:30H.

FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO (2ª PARTE): clarinete, saxofón, trompa, tuba, bombardino, piano, violoncello, percusión, conxunto instrumental e grupo de linguaxe musical de adultos. Entrada de balde ata encher o aforo. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo

DOMINGO 22 DE DECEMBRO

Auditorio de Rianxo, 18:00 h.

GALA DE NADAL O AGUINALDO! DA ASOCIACIÓN CULTURAL VAI DE RODA. De balde ata esgotar as entradas (poderán retirarse dende unha hora antes do inicio do espectáculo no mostrador do propio Auditorio). Organiza: A. C. Vai de Roda. Colabora: Concello de Rianxo

CEIP Ana María Diéguez, 18:00 h.

VIII FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA, coa participación das corais Abrente (Pobra), Polifónica de Luou, Polifónica de Bugallido e Abraira de Asados. Entrada de balde ata encher o aforo. Organiza: C.C. Simón varela de Asados. Colaboran: Concello de Rianxo, A.C. O Ferrado, CEIP Ana María Diéguez e Deputación da Coruña.

20 de decembro de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.