publicidade hoxe

Acordo da Xunta de Goberno Local de Pontevedra sobre o Anteproxecto de Lei do aborto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ante a abafante atmósfera de atraso social que estamos a vivir e que ten a súa máxima expresión no Antepoxecto de Lei que pretende volver a quitarlle ás mulleres o poder de decisión sobre a súa vida e a súa maternidade poñéndoo a disposición dos xuízos morais de persoal sanitario, xurídico e técnico, a XGL do Concello de Pontevedra acorda:

• Esixir ás instancias competentes a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de “Protección de la Vida del Concebido y los Derechos de la Mujer Embarazada” e manter a lexislación vixente en materia do aborto.

• A liberdade das mulleres é un dereito que unha sociedade xusta non debe pisotear, e esta Lei reduce a capacidade legal das mulleres para ser libre, equiparándoas, por exemplo, as mulleres do Irán. Este Goberno Municipal non vai ser cómplice de semellante retroceso.

30 de decembro de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.