publicidade hoxe

Abel Caballero salienta o traballo de cooperación realizado en Cabo Verde en residuos e agricultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo compareceu xunto á edil de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, e, en representación do país lusófono, Manuel de Pina -presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e rexedor de Ribeira Grande- e Rosa Lópes -presidenta da Cámara municipal de Porto Novo e única alcaldesa entre os 23 municipios de Cabo Verde-.

O Concello de Vigo ostenta a vicepresidencia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que leva once anos cooperando e apoiando proxectos de desenvolvemento en Cabo Verde. Os dous últimos impulsados desde a cidade olívica procuran a mellora da xestión de residuos en Porto Novo e a dinamización da agricultura en Santa Cruz.

Abel Caballero afirmou que “nós entendemos a cooperación como unha forma de desenvolvemento coordinado”, para potenciar a propia implicación no desenvolvemento internacional e como apoio ao mellora das condicións en territorios internacionais.

12 de decembro de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.