A XXVI Homenaxe ao gaiteiro do grupo etnográfico A Buxaina premia “Flor da Maquía”

Homenaxe a Flor da Maquía
Esta pasada fin de semana o gaiteiro ordense Florentino Ruibal, popularmente coñecido como ‘Flor da Maquía’, recebiu un merecido recoñecemento na XXVI Homenaxe ao gaiteiro. Unha cita organizada polo grupo etnográfico A Buxaina e que se celebrou no teatro García Barbón, na cidade de Vigo. Ata alí se desprazaron moitos dos seus veciños, veciñas e familiares, ademais do concelleiro de Cultura de Ordes, que lle fixo entrega dun agasallo en nome de todo o Concello. No mesmos acto tamén se recoñeceu o traballo de Santiago Canelleiro e Germán V. Soneira, que actuaron acompañados polas Cantareiras de Alende e pola A.C. Regionalista respectivamente.











