A xunta de goberno local de Ferrol da luz verde á recepción do equipamento do antigo hospicio
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á recepción do equipamento para o edificio do antigo Hospicio, cuxas obras de rehabilitación en primeira fase completou o goberno municipal que preside Jose Manuel Rey Varela tras un investimento de 1,3 millóns de euros.
A contía económica do dito equipamento ascendeu a un total de 67.760 euros (21% de IVE engadido) e correu a cargo da firma “Suministros Técnicos de Galicia S.L” , logo de que esta resultara a mellor puntuada polos técnicos municipais que forman parte da Mesa Permanente de Contratación.
Deste xeito, o goberno municipal que preside Jose Manuel Rei Varela da un paso máis na posta a disposición da cidadanía dun inmoble de gran valor arquitectónico e histórico. As obras de rehabilitación permitiron devolver o esplendor a un inmoble protexido catalogado no Plan Especial da Magdalena, poñendo en valor e recuperando elementos orixinais do mesmo como os piares de forxas, os vellos pozos de abastecemento do complexo, a escada, as paredes de zinc, etc. Dentro da intervención realizada destaca o feito de que se dotara ao edificio dun ascensor panorámico. Así mesmo, nas súas tres plantas distribúense diferentes espazos para aulas, biblioteca, salón de actos, etc…
Noutro orde de cousas, A Xunta de Goberno Local aprobou os prezos das entradas para o espectáculo “Asombrosamente increíble”, que acollerá o Teatro Jofre o vindeiro venres día 3 de xaneiro. Así, o custo dos tickets ascenderá a sete euros.











