publicidade hoxe

A Ruta do Viño do Ribeiro asina un convenio para renovar a Q de calidade Turística nas adegas certificadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

A Cooperativa de San Roque e a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro integradas na Ruta do Viño do Ribeiro foron as adegas que acadaron o  distintivo de calidade dentro da categoría de Turismo de Industrial, no ano 2012. Éra a primeira vez que se certifican servizos de turismo industrial, neste caso correspondente ás visitas guiadas que ofrecen estas bodegas

Este distintivo recoñece a actividade turística de visitas a industria viva e ao patrimonio industrial, así como as características das instalacións propias destes espazos, incluíndo a xestión interna, servizos prestados e obxectivos de calidade, co fin de amosar os procesos e os eu saber facer, xerando experiencias baseadas na actividade industrial, científica e técnica do presente e do pasado. 

Este ano, a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e Turgalicia asinou un novo convenio para 2013 co obxecto de renovar esta certificación e aportar valor engadido aos servizos que ofrecen os establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro.

O Instituto de Calidade Turística fará pública a resolución ao respecto da renovación destas certificacións, nos vindeiros días.

3 de decembro de 2013 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.