A rúa Real permanecerá cortada ao tráfico pola celebración do III Mercado de Nadal Real Vila de Neda
Con motivo da celebración do III Mercado de Nadal Real Vila de Neda, o Concello informa de que a rúa Real, escenario principal da cita, permanecerá cortada ao tráfico rodado dende a xornada de hoxe, mércores 11, ata o próximo luns, día 16. Os traballos previos ao Mercado, que se inaugurará este venres pola tarde, fan necesaria a medida, que estará vixente no tramo da rúa comprendido entre os números 1 e 52. Neste treito queda prohibida tanto a circulación como o estacionamento.











