A rexedora de Ribadumia saúda aos membros da corporación local na comida anual
Alá polo Ano 1975 rexía en Ribadumia o Alcalde Basilio Castro Sartages, tendo como concelleiros entre outros a Manuel Núñez Señorans, Ramiro Vázquez e Antonio Sineiro Pintos. Como si unha desas comisións municipais se tratase, cada ano dende que remataron a súa lexislatura no 1978, se reúnen nunha comida nalgún restaurante de Ribadumia a recordar vellos tempos.
Cunha traxectoria política, que no caso de Basilio xa se iniciara como Tenente Alcalde no ano 55, poderiamos destacar moitas iniciativas que se promoveron no mandato desta corporación como a captación e abastecemento de auga en Barrantes, a concentración parcelaria, a creación do grupo escolar ou o Campo de Fútbol de Barrantes.
Tamén destacaron na súa traxectoria persoal como membros da primeira comisión organizadora da Festa do Viño Tinto alá polo 1967, coa que pretenderon promocionar Ribadumia e os seu produto estrela, o tinto Barrantes.
Inda que nesta última convocatoria non puideron estar todos, xa que por motivos de saúde Antonio no puido acudir, a Alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña quixo aproveitar a ocasión para pasar a saudalos nun xesto de recoñecemento a unha vida de compromiso e traballo por Ribadumia.











