A Residencia de Tempo Libre do Carballiño abrirá os meses de xaneiro, febreiro e marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

As xestións realizadas pola o concello do Carballiño, e as facilidades achegadas pola consellería de Benestar, van permitir a apertura da residencia de Tempo Libre os meses de xaneiro febreiro e marzo. O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Turismo, contactaron hai meses coa produtora Vía Láctea, responsables da gravación da longametraxe A Esmorga, para ofrecerlles a vila e o municipio do Carballiño como zona de rodaxe, e ao mesmo tempo a posibilidade de aloxarse na residencia carballiñesa.

Tras varias visitas á zona por parte dos responsables da película, finalmente decidíronse a instalar no Carballiño o campamento basee da filmación, e a rodaxe de numerosas escenas tanto na propia vila como nos arredores. En concreto este equipo chegará ao Carballiño o próximo mes de xaneiro, e estarán até o mediados do mes de marzo.

Desta forma o concello cumpre co seu compromiso de buscar unha maior difusión da Residencia de Tempo Libre, tal e como se acordou en sesión plenaria. Os primeiros froitos, apunta o alcalde “é esta reserva da residencia por parte da produtora, e esperemos que as demais xestións realizadas tamén frutifiquen e podamos ter un fluxo constante neste centro vacacional da nosa vila. Desde un principio xa destacamos que o grupo de goberno faría todo o que estivese na nosa man para a apertura, o maior número de meses, desta residencia”.

Pola súa banda a consellería de Benestar, responsable as instalacións da Residencia de Tempo Libre, apoiou en todo momento esta iniciativa do concello, para cumprir tamén co acordo adoptado de abrir esta residencia sempre que existise demanda, tal e como están a facer nos primeiros meses do 2014 coa produtora Vía Láctea.

Doutra banda o alcalde do Carballiño sinalaba que “ademais esta experiencia con Vía Láctea vainos a permitir, por unha banda, que durante estes meses de estancia no Carballiño, vexamos un movemento de visitantes nunhas épocas nas que habitualmente a vila non conta con moito turismo. Tamén nos promocionamos como vila e municipio capaz de acoller rodaxes de películas e documentais, tal e como se anunciou na pasada edición das Xociviga. Por tanto creemos que a gravación da Esmorga, vai ser un punto de partida para novos proxectos no Carballiño”.

19 de decembro de 2013 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.