A rápida actuación da Policía Local de Nigrán salva a vida a un ancián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigránSucesos
A-
A+

Unha chamada da coidadora dunha parella de anciáns á Policía Local de Nigrán permitiu a pasada Ponte da Constitución salvar a vida dun home de 82 anos de idade. A coidadora do fin de semana dunha parella de anciáns veciños de Nigrán tentou infructuosamente durante unha hora acceder ao domicilio. Ao non obter resposta por parte dos propietarios da vivenda chamou á Policía Local, que se acudiu cinco minutos despois da chamada no domicilio, accedendo ao seu interior por unha xanela.

Unha vez aberta a porta da casa, a patrulla atópase a unha anciá de 82 anos de idade, desorientada e sen poder articular palabra, e á súa parella, que responde as iniciais A.J.V.G., sentado nunha butaca do salón en delicado estado de saúde. Instantes despois acódese unha ambulancia, que  evacúa de forma inmediata ao ancián ao Centro de Saúde da Xunqueira de forma inmediata, aínda que é posteriormente trasladado a un centro hospitalario de Vigo polo seu baixo ritmo cardíaco.

9 de decembro de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.