A provincia de Ourense continúa en alerta por frío
Este martes 16 provincias continúan en alerta por temperaturas mínimas como son Ourense, León, Palencia, Cantabria, Zamora, Valladolid, Salamanca, Ávila, Segovia, Soria, Madrid, Toledo, Cidade Real, Conca, Guadalaxara e Soria.
Ademais, segundo indica a Axencia Estatal de Meteorología (Aemet), A Rioxa, Navarra, Huesca, Zaragoza, Lérida e Teruel están en alerta amarela (risco) por néboa.
En concreto, as temperaturas irán lixeiramente á alza con tendencia a que as xeadas vaian desaparecendo, senón completamente, e espérase que o xoves as áreas afectadas sexan menos extensas que as do pasado fin de semana e os primeiros días desta.
Concretamente, o portavoz da Axencia Estatal de Meteorología (Aemet), Fermín Elizaga, sinalou que o mércores é cando as mínimas subirán de maneira destacada. “Nalgúns puntos até 5 ó 4 graos”, indicou.
Para a segunda metade da semana o tempo tenderá a mellorar, con chuvascos menos intensos en Canarias e con estabilidade na maior parte da Península e Baleares. A nebulosidade aparecerá polo noroeste o xoves, con precipitacións que afectarán a Galicia, tras semanas sen chover nesta comunidade.











