A programación cultural do Nadal 2013 en Monforte ábres cuha actuación musical na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Cultura organizou, un ano máis, o programa de actos con motivo das festas de Nadal. A concelleira, Pilar López, comentou que as actividades están dirixidas ó público en xeral, pero con especial atención ós máis pequenos xa que son os que gozan de vacacións. Salientou que varias actividades xa tiñan carácter permanente e que o programa englobaba actuacións musicais, teatro, maxia, obradoiros e certames de beléns e poesía.

Pilar López tamén resaltou a destacada presenza de actividades musicais como a Mostra de Panxoliñas, ou o Concerto de Nadal, actos que se celebrarán no Edificio Multiusos.

Por outra banda, a responsable da área de Cultura anunciou que a partir do luns día 16

estará aberto o prazo de inscrición para que os máis pequenos poidan viaxar no Tren Real. O Concello dispón dun total de 100 prazas, que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición, para os rapaces e rapazas que se anoten previamente na Oficina Municipal de Cultura, situada na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas, ou chamando ó teléfono 982-40-25-01.

Na Cabalgata de Reis participarán 71 paxes, alumnado de 6º de primaria dos colexios de Monforte.

Pilar López agradeceu a colaboración da Deputación Provincial de Lugo e de AMAFER, ADIF, RENFE, Museo do Ferrocarril, Náufragos do Paradiso, Consorcio de Turismo e Sociedade Filharmónica de Monforte, na organización destas actividades.

 

11 de decembro de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.