publicidade hoxe

A praza de abastos vilagarcián instala un monitor de televisión aconsellar sobre os produtos de tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Praza de Abastos de Vilagarcía segue dando pasiños de cara a súa completa modernización. Nesta caso a través dun novo sistema de información audiovisual para os clientes que poderán coñecer a través dun monitor de televisión cales son os produtos de mar de temporada e que poden mercar nos postos da sala recen saídos do mar.

A pantalla que comezou a funcionar hoxe intercala diversos spots elaborados pola Consellería do Mar para promocionar os produtos do mar que se comercializan nas lonxas de Galicia e que se poden atopar na Praza de Abastos. Tamén informan sobre os peixes que se atopan en comida, así como da tallaxe regulamentaria.

O monitor instalouse na ala nova da Praza, na parede na que tamén se empraza o tótem interactivo a través do cal os clientes poden imprimir receitas cos diferentes produtos que se poden mercar na praza, ben sexan peixes e mariscos, como carnes, verduras, queixos ou distintos tipos de pan.

Así, os clientes poden saír da praza tendo a seguridade de que levan un peixe que se atopa no seu mellor momento para ser degustado con todas as cualidades, e mesmo diferentes receitas para preparalo.

A concelleira de Mercados, Rocío Llovo, visitou hoxe a Praza para comprobar o funcionamento do monitor e coordinar as labores de decoración e iluminación que o Concello realizará na sala de abastos dentro das accións dinamizadoras para a campaña de Nadal.

4 de decembro de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.