A praxa de abastos de Ordes luce un novo aspecto tras as obras de arranxo e remodelación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
A Praza de Abastos de Ordes foi remodelada

A Praza de Abastos de Ordes foi remodelada

Esta semana remataron as  obras de reparación, modernización e remodelación da praza de abastos de Ordes, ubicada na rúa Mercado. Un proxecto no cal se investiron un total de 160.000 euros, en parte sufragado cunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria que ascende a 120.000 euros.

O proxecto supuxo intervencións no acondicionamento dun acceso directo desde o exterior para persoas con movilidade reducida, para o cal se instalou unha porta, un cortaventos e rampas de acceso para salvar o desnivel existente entre o pavimento exterior e o interior. Adaptáronse os aseos para calquer tipo de usuario, ademais de abrirse ocos na fachada e instalarse fiestras con carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante de baixa emisividade. Demoleuse o aceirado existente e sustituiuse por outro máis ancho de formigón coloreado e bordo de granito. Elimináronse as xardineiras da entrada principal, procedeuse coa reposición da fachada e colocáronse outro tipo de xardineiras e bolardos. Tapiáronse os muelles de carga que estaban en desuso e restauráronse as súas portas de acceso. Limpiouse a fachada e a cuberta do edificio e aplicouse un tratamento funcixida á pedra. Colocáronse canalóns e cumieiras na cuberta, ademais de dotarse ao inmoble dos elementos precisos para reducir o consumo eléctrico.

O Concello de Ordes estima que todas estas melloras nos equipamentos públicos constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do seu comercio, polo que considera de “gran importancia” dita intervención. Todo elo valorando as posibilidades de creación doutras actividades económicas complementarias que ofrece un mercado tan céntrico como o de Ordes. Tamén se ten en conta a posibilidade de oferta de productos frescos de procedencia local ou comarcal que se pode brindar dende este tipo de espazos, polo que esta remodelación se presenta como “un incentivo e unha aposta polo comercio de proximidade”,  tal e como manifesta Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes.

24 de decembro de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.