A ponte vella de Monforte pecharase ao tráfico durante a mañá deste xoves
A concellería de Tráfico informa que mañá xoves día 12 de decembro, a ponte vella quedará pechada á circulación de vehículos entre as 8:30 e as 13:00 horas.
O peche ó tráfico levarase a cabo debido á realización de traballos de mantemento da instalación eléctrica, traballos que desenvolverán operarios municipais.
Dende a concellería de Tráfico pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse











