A Policía Local de Vigo recupera 80 prendas sustraídas por tres mulleres nos establecementos comerciais da rúa Príncipe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Prendas incautadas

Prendas incautadas

A Policía Local de Vigo recupera ao redor de 80 pezas de todo tipo ( chaquetas, xerseis, zapatos e pantalóns entre outros ) incautadas a tres mulleres de etnia xitana, presumibleménte subtraídas do interior de diferentes establecementos comerciais de moda por un valor aproximado que podería roldar os 2000 euros.

Esta última actuación súmase á realizada en datas recentes de similares características nas recuperouse ao redor de 6000 euros en mercadoría subtraída, esa vez a persoas de nacionalidade romanesa á que se lles atribúe igualmente feitos delituosos continuados nesta cidade.

O servizo de Investigación deste Corpo, abriu dilixencias policiais de prevención contra tres mulleres que responden as iniciais N.G.S de 28 anos de idade veciña de Ribadumia, V.J.S de 29 anos de idade veciña igualmente de Ribadumia e C.C.M de 26 anos de idade veciña de
Poio, as cales segundo os primeiros indicios cometerían diversos furtos continuados durante a mañá do día de onte, principalmente no interior de diversos establecementos da rúa do Príncipe e a súa área de influencia.

Tras ser detectadas e establecido operativo policial ao efecto, púidose comprobar como as pezas supostamente furtadas eran escondidas nun vehículo que posuían as identificadas nun parking público próximo. Estas mulleres presuntamente valéndose de dúas desalarmadores ( tamén incautados ) e varias ferramentas, tras retirar os mecanismos de alarma furtaban as pezas ao descoido, sen que os empregados dos locais comerciais detectasen as subtraccións.

Estas actuacións enmárcanse dentro dos labores de prevención, detección e loita contra o furto continuado de pezas de vestir no interior de establecementos comerciais de moda na nosa cidade, principalmente na zona centro, que está a levar a cabo a Policía Local.

Ditas actuacións céntranse principalmente na prevención e detección de grupos organizados que perpetran pequenos furtos continuados de menor entidade pero que agrupados como é o caso, alcanzan cifras importantes cos seus consecuentes prexuízos.

RECUPERACIÓN DE BICICLETA SUSTRAIDA

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén recuperou unha bicicleta subtraída en vía pública nas inmediacións da rúa Policarpo Sanz con Travesía de Príncipe. Os feitos aconteceron sobre as 19:30 horas cando un vixilante da S.E.R observou un rapaz cunha bicicleta circulando a gran velocidade, en compañía doutro mozo na inmediacións do colexio San Miguel ( lugar onde foi furtada ) alertando do feito o propietario desta despois falar co vixilante.

Tras difundirse un comunicado a todas as unidades policiais, unha dotación puido dar o alto na rúa Policarpo Sanz, comprobándose que se trataba da bicicleta subtraída pouco antes. En canto ao autor do furto, que responde ás iniciais JA.D.D de 16 anos de idade nacido en
República Dominicana, foi trasladada ao seu domicilio por ser menor de idade, onde se fixeron cargo deste os seus familiares.

Finalmente procedeuse a efectuar as correspondentes dilixencias xudiciais.

 

4 de decembro de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.