A Policía Local de Lugo sorprende a un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, co carné retirado e sen cinto de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSucesos
A-
A+

A Policía Local de Lugo denunciou un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, ademais de ter retirado o carné e conducir sen usar o cinto de seguridade.

A Policía Local localizou a pasada noite, ás 0.20 horas, ó condutor do turismo matrícula 6607 BNV, circulando sen levar posto o cinto de seguridade e, cando procedeu a denuncialo, observou que presentaba síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que se lle realizaron as probas regulamentarias, que deron como resultado 0.98 e 0.98 mg de alcol de litro de aire expirado.

Ademais, o condutor, un veciño de Lugo de 53 anos, carece de permiso de conducir xa que lle foi retirado pola la Dirección Xeral de Tráfico.

Por todo elo, a Policía Local tramita dilixencias para o Xulgado de Garda por senllos delictos contra a Seguridade do Tráfico.

10 de decembro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.