A Policía de Vilagarcía busca ás persoas que arrancaron tres magnolios no paseo da Praza de Abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os primeiros praceiros en presentarse esta mañá á traballar na sala de Abastos deron a voz de alarma sobre os actos vandálicos producidos de madrugada no paseo de García de Caamaño. Os tres magnolios que decoraban a zona peonil de detrás da Praza apareceron tombados no chan. A Policía está a investigar a autoría dos feitos o obxecto de que o Concello presenta a correspondente denuncia para que os responsables paguen os custos dos danos ocasionados e si procede, esixir outro tipo de responsabilidades.

A Policía Local personouse no lugar a instancias do responsable da Plaza de Abastos e levantaron atestado dos feitos. Segundo constataron, os troncos dos tres magnolios presentaban marcas á mesma altura, presumiblemente da defensa dun vehículo e tamén aparecen marcas de rodadas nos parterres. A Policía descarta que as árbores foran arrancadas como consecuencia dun accidente, posto que, ademais de que os magnolios estaban separados entre sí bastantes metros, dous deles aparecen tombados cara un lado e o terceiro no sentido contrario, o que significaría que despois de pasar unha primeira vez pola zona peoníl, o vehículo dou a volta para rematar a faena.

O paseo de García de Caamaño que descorre entre a desembocadura do Con e Vista Alegre é peonil e o acceso de vehículos está restrinxido exclusivamente aos comerciantes da Praza de Abastos para tarefas de carga e descarga. Por esta razón, a barreira de acceso na confluencia do paso coa Rúa Valle Inclán, atopábase baixada pola noite.

Persoal de Xardíns ía a examinar ás árbores para determinar si, polo menos dúas delas que foron arrancadas con algo de raíz, poden ser replantadas. A terceira tronzou pola parte baixa do tronco, polo que non é recuperable.

4 de decembro de 2013 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.