A piscina municipal Gómez Noya de Caranza acolle o XLIV Campeonato Absoluto Galego de Inverno
A concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o XLIV Campeonato Absoluto Galego de Inverno, organizado polo Club Natación Ferrol e a Federación Galega de Natación, e co patrocinio do Concello de Ferrol. O evento terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro na piscina do complexo polideportivo Javier Gómez Noya, en Caranza.
A titular de Deportes sinalou que este campionato “é unha das citas máis importantes que ten este deporte a nivel de Galicia”, destacando o feito de que no mesmo se darán cita máis de 300 nadadores entre os que se encontran os mellores deportistas na disciplina. Martínez Galdós felicitou ao Club Natación Ferrol pola organización desta proba que, “como non poderá ser doutro xeito, será un éxito de organización e participación”.











