publicidade hoxe

A parroquia de Luneda, na Cañiza, celebra o I Festival da Mazá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendario
A-
A+

Santa María de Luneda é unha parroquia do concello da Cañiza. Está situada na saia naciente do monte Paradanta, a unha altitude de 400 a 450 metros. É unha parroquia cunha tradición do cultivo da mazá desde moi antigo xa que ten unha climatoloxía ideal para certos frutais, entre os que se atopa as mazás de inverno, destacando a que leva o nome da parroquia, Mazá de Luneda. Unha mazá excelente para a fabricación da sidra, quizais unha das mellores sidras.

Tempo atrás era habitual que cada unha das familias do lugar fabricase sidra, e por suposto o lagar e a pía de pedra para machucar as mazás eran ferramentas que non faltaban en cada unha das casas, tamén se vendían as mazás no mercado da Lomba, na localidade próxima de Arbo, para así comprar peixe e  outros productos.

O festival da Mazá de Luneda pretende recuperar a tradición dos nosos antepasados e así honrar a súa memoria. Tamén pretende reunir a todos os veciños contorna a unha tradición e compartir con xúbilo este día. Á vez que se pretende recuperar este valioso frutal e desenvolver unha producción ecolóxica e artesanal tanto da mazá como da sidra.

Este primeiro evento, no que participan, con moita ilusión, unha boa parte dos veciños de Luneda, está sendo un revulsivo para crear unión e comunidade en Luneda. Neste primeiro ano o acto pretende ser, de forma moi modesta, un festival gastronómico no que a mazá sexa o ingrediente principal no caso da bebida e a repostería e complementario no caso da comida.

O sábado 7 decembro pola tarde, a partires das 17h00 no centro cultural da parroquia, poderase degustar unha merenda, con sidra nova, chourizo á sidra, lombo de porco á mazá, e sobremesa de mazá, acompañado por un grupo de gaitas da zona.

Tamén durante esta xornada realizarase un concurso de repostería entre os veciños de Luneda e persoas que queiran participar, no que a mazá será o protagonista.

5 de decembro de 2013 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.