A Orquestra Filarmónica de Lemberg será a protagonista da Gran Gala Strauss de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugo
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentou hoxe o concerto de Nadal organizado polo Concello de Lugo para despedir o ano 2013.

A Orquestra Filarmónica de Lemberg-Ucraína será a encargada da Gran Gala Strauss, que terá lugar este domingo, día 29, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A Orquestra, formada por 44 músicos, actuará baixo a dirección de Aidar Torybaev e coa soprano Anastasia Kornutyak.

As entradas teñen un prezo de 3 euros para as zonas B e C e de 5 euros para a zona A. Pódense adquirir en venda anticipada na Oficina Municipal de turismo ata o día 28 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas. O día 29 poñeranse á venda unha hora antes do concerto, no propio Auditorio.

27 de decembro de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.