A Orquesta de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Ribadumia
O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe este venres a Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela, 44 saxofonistas baixo a batuta da súa directora, Elisa Arias.
O repertorio desta agrupación componse de pezas de swing, arranxos de clásicos deste estilo e a maioría creacións do compositor redondelano José Pérez inspiradas na estética musical deste estilo, xa que a orquestra de saxos comproba en cada concerto que ofrece que conta cunha gran aceptación por parte do público.
Esta actuación non se atopaba incluída na programación cultural do Auditorio Municipal que se distribúe entre todos os veciños, pero unha vez que xurdiu a oportunidade, dada apratada axenda da orquesta, o Concello de Ribadumia non a quere deixar pasar e oferta esta velada para disfrute dos seus veciños.











