A oferta de teatro infantil e familiar en Ferrol inclúe o espectáculo “Far West”, o musical “Campanilla” e o prestixioso ballet “El Cascanueces”
O Teatro Jofre acolle este mes de decembro varias obras de teatro infantil e familiar enmarcadas dentro da programación da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A primeira cita será o vindeiro sábado, día 21, ás 20:30 horas coa prestixioso posta en escena de “El Cascanueces” a cargo do Tchaikovsky National Ballet of Rusia, para continuar ao día seguinte, o domingo 22, ás 18:00 horas co espectáculo familiar “Far West”.
Así mesmo, a programación infantil de decembro terá outra gran cita o venres 27, ás 19:30 horas, coa representación do popular musical “Campanilla”. Este espectáculo combina catro cantantes de primeira fila en directo, música orixinal, acrobacias e vós con teas.











