A obra literaria “As escaleiras do gran hotel” gaña o XIV Premio Risco de Creación Literaria
As escaleiras do gran hotel, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Trátase dunha trama de intrigas políticas e ideolóxicas previo á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que racha co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual.
Esta decisión foi adoptada despois de máis de dúas horas de deliberación, nas que o xurado destaca a gran calidade literarias das obras presentadas. O xurado estivo formado por: María Garrido Rodríguez, Xoán Carlos Feixoo Mirón, Serafín Alonso Pintos, Ánxela Gracián e o gañador da edición pasada Alberto Ramos.
Premio Risco de Creación Literaria
O Concello de Ourense ven desde hai anos colaborando co Premio Risco de Creación Literaria, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco, que ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.
O galardón, que este ano acadou a súa XIV edición, conta tamén coa colaboración da editorial Sotelo Blanco. É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de quen foi veciño ilustre – Vicente Risco – senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
A obra gañadora é premiada con 6.000 € xunto coa publicación do libro.
Os premiados das diferentes edicións deste premio son:
2000 A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro
2001 O Caderno de Xavier López López
2002 A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro
2003 O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando
2004 Deserto
2005 Un escuro rumor tralo silencio de Isidro Novo
2006 Os mércores de Fra de Zurzo Sierra Veloso
2007 Para dicir abril de Xosé Vázquez Pintor
2008 Deserto
2009 A do vinteún de Hixinio Puentes
2010 Deus xogando aos dados de Fernando Méndez
2011 Olladas de Adelaida Vidal
2012 Todos os días de Alberto Manuel Ramos Ríos