A mostra Pure Pop Art que se exhibe no centro “Marcos Valcárcel” xa superou os 10.000 visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Mostra Pure Pop Art

Mostra Pure Pop Art

Esta pasada fin de semana a exposición “Pure Pop Art. Fascinación polo trivial”, que se pode visitar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación, superou xa os 10.000 espectadores, xusto cando leva un mes en cartel. As obras de Warhol, Haring, Lichtenstein, Kaufman, Rauschemberg, Ramos, Psaier e Robert Indiana poden verse aínda ate o día 15 de decembro. Este proxecto expositivo é unha colaboración entre a Deputación de Ourense, a través do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a Fundación Cum Laude e a Fundación MBA e recolle as obras máis emblemáticas e representativas do pop-art americano.

2 de decembro de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.