A mostra Amal de cine árabe en Carral finaliza coa proxección dun documental e unha curtametraxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura de Carral acollerá mañá xoves, ás 20:30 h, a última sesión da mostra de cine árabe Amal, promovida pola Fundación Araguaney e a Concellería de Cultura do Concello de Carral. Na sesión proxectaranse a curtametraxe Ensemble, e a longametraxe dunha hora de duración Bromas aparte.

Ensemble está baseada na historia real dun neno xudeu que fuxe dos nazis en 1942 e refúxiase na Gran Mesquita de París. O imán desta, Ahmed, axúdaoe acólleo. Este curta amósanos a hospitalidade e cooperación xurdida entre a cultura mulsumá e a xudía no contexto da intolerancia e racismo do holocausto nazi.

Jérôme le Maire, directora de Bromas aparte, está convencida de que o humor non ten fronteiras e lánzase, nun periplo nada habitual, en busca do humor en Cisxordania. Chistes, comentarios políticos burlóns e anécdotas do cotiá, mergúllana nun dos conflitos máis complexos da actualidade, onde ademais dos controis e barreiras, tamén existe un espazo para as brincadeiras.

A entrada a estas sesións é de balde ata completar o aforo.

CULTURA ABERTA OFRECE UN CONCERTO DE CANTAUTORES GALEGOS

 Por outra banda, a Asociación Cultural “Cultura Aberta” de Carral organiza no edificio social Toñito Espiñeira un concerto de cantautores, nos que tomarán parte Mini e Mero, Quintas Canella e Miro Casabella.

O concerto comezará ás 21:00 h do xoves 5 de decembro, con entrada libre.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral colabora con Cultura Aberta na realización deste concerto, no que se reúnen algunhas das principais voces da canción galega.

4 de decembro de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.