A mesa local de comercio de Ponte Caldelas decide que a Feira de Oportunidades se celebre o 15 e 16 de febreiro
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, presidiu a reunión da Mesa Local de Comercio na que se decidiu establecer a data do fin de semana do 15 e 16 de febreiro de 2014 para celebrar unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza a asociación de comerciantes de Ponte Caldelas, COEMPO.
Os comerciantes trasladaron ao alcalde a idoneidade desta data para a celebración da Feira de Oportunidades ao considerar que encaixa perfectamente no calendario feiral e do comercio dos municipios dos arredores, co fin de conseguir que Ponte Caldelas se converta, nese fin de semana, nun polo de atracción para que os consumidores poidan facer as compras de fin de tempada, visiten o municipio e acudan tamén aos distintos establecementos gastronómicos existentes na zona.
Por outra banda, os comerciantes aproveitaron a reunión para ultimar co alcalde os preparativos da campá de Nadal que levará a cabo en Ponte Caldelas e que presenta como novidade este ano a entrega aos seus clientes de Boletos da Sorte premiados con diñeiro canjeable neses mesmos locais onde realizaron a súa compra do Nadal. Ademais, os comerciantes tamén obsequiarán aos nenos do municipio co acceso gratuíto, os días 23 e 28 de decembro, ás atraccións de feira que se instalarán na Alameda de Ponte Caldelas do 21 de decembro ao 4 de xaneiro.
Simultaneamente, e co fin de ofrecer alternativas de lecer para os máis pequenos da casa e facilitar as compras de Nadal, os días 21, 22, 14, 28, 29 e 31 habilitarase a Ludoteca de Nadal no Centro Cultural, que estará operativa de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas todos estes días, excepto o 24 e 31 que funcionarán só de mañá.
FESTA INFANTIL E TOMA DE UVAS ANTICIPADA COMO DESPEDIDA DO ANO 2013
Outra das actividades que terá especial interese será a Festa Infantil de Fin de Ano anticipada que se celebrará o 31 de decembro, a partir das 12 do mediodía, na Alameda de Ponte Caldelas onde terá lugar actividades infantís e a toma das tradicionais uvas ao ritmo das badaladas do Centro Cultural.
Por outra banda, Papá Noel visitará a todos os nenos do municipio o martes 24 de decembro, pola mañá entre as 11 e as 13 horas, no Centro Cultural onde descansará da súa viaxe e atenderá as peticións de nenos e nenas que desexen coñecer persoalmente ao ancián chegado desde Laponia.
Finalmente, a tradicional Cabalgata de Reyes terá lugar o sábado 4 de xaneiro, a partir das 18:30 horas na que participarán as carrozas con cada un dos Reyes de Oriente que repartirán abundantes caramelos entre aquelas persoas que se acheguen até o centro urbano de Ponte Caldelas para ver a chegada dos Reis Meigos.