publicidade hoxe

A mellora da PO-244 ao seu paso por Soutomaior supón un investimento de máis de 63.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSoutomaior
A-
A+
Bravo Bosh na visita a Soutomaior

Bravo Bosh na visita a Soutomaior

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou esta mañá os traballos de execución que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acometeu na PO-244 ao seu paso por Soutomaior, concretamente, na zona de Arcade.

Cun investimento superior aos 63.000 euros, a Administración autonómica actuou nun tramo total de 660 metros de lonxitude na rúa Calvario co fin de reformar e pavimentar a estrada. A pavimentación realizouse con fresado de pavimento asfáltico, ata unha profundidade de 5 centímetros. A actuación incluíu tamén a posta en rasante en formigón das tapas de rexistro da calzada. Adicionalmente, realzáronse 19 tapas máis e pintáronse 300 ml da estrada nos que non estaba previsto actuar, incluíndo así 4 pasos de peóns.

Estes traballos nas infraestruturas viarias perseguen a mellora da seguridade vial da estrada, mediante a realización de obras sobre o firme, as marxes e os elementos viarios que permitan optimizar as súas características actuais.

Ademais, e coma lembrou a delegada da Xunta, no Concello de Soutomaior tamén se levaron a cabo outras melloras en estradas rurais no marco do Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) que este ano continuarán coas acometidas a través do Plan Marco.

Bravo Bosch resaltou así o compromiso da Xunta de Galicia, a través tanto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como da Consellería de Medio Rural e do Mar, para financiar os investimentos en proxectos que teñen como obxectivo dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nas zonas rurais, co obxectivo final de contribuir a arranxar as deficiencias que persisten en determinados núcleos rurais de Galicia.

19 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.