publicidade hoxe

A Mancomunidade de Ordes celebrará este venres a súa VI Gala do Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaDeportesDeportes PortadaFradesLocalMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo
A-
A+

A Mancomunidade de Ordes celebrará este venres a súa VI Gala do Deporte na discoteca LP45 a partir das 20 horas e poderán asistir todos os que queiran. Premiaranse a máis de 300 deportistas dos sete Concellos da comarca.

>>>>>>>>>>

Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes

Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes

O vindeiro venres 27 de decembro a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrará a VI Gala do Deporte. O evento aberto ao público terá lugar a partir das 20 horas na discoteca LP45, na vila de Ordes. Nela serán premiados máis de 300 deportistas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Un acto co que se pretende galardoar a aqueles deportistas e entidades que, ben pola súa traxectoria ou ben pola súa  proxección, tiveron un papel destacado nos concellos da comarca. Así, cada municipio fará entrega de cinco galardóns entre os que figura un para promesas deportivas e outro en recoñecemento para aquelas persoas ou entidades que contribuiron especialmente no fomento do deporte.

Atletismo, natación, patinaxe, fútbol, xadrez, judo, tenis de mesa, taekwondo, hóckey, chave e tiro con arco, son as disciplinas que este ano recibirán algún dos premios. Para a súa entrega contarase coa presenza dos alcaldes e equipos de Goberno de cada Concello, encabezados polo presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos. Tamén asistirán representantes de multitude de formacións e dos equipos deportivos da comarca, ademais doutras figuras e nomes destacados como o do corredor de rallies Mario Río; o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, ou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. Tamén se contará coa actuación musical da televisiva cantante Tania Veiras, que ademais será a encargada de presentar a gala conxuntamente co xornalista local Pablo Quinteiro.

LISTADO DE PREMIADOS

Concello de Cerceda
3º PREMIO: Novos cintos negros (judo)
2º PREMIO: Daniel González Eirís (xadrez)
1º PREMIO: Alevíns CCD Cerceda (fútbol)
PROMESA: Daniel González Eirís (xadrez)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Cesáreo Leiro Parceiro (fútbol)

Concello de Frades
3º PREMIO: EDM de atletismo
2º PREMIO: Equipo de fútbol de veteranos Abellá
1º PREMIO: EDM de fútbol sala cadete
PROMESA: Rita Viqueira Cajaraville (patinaxe)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Castro Méndez (fútbol)

Concello de Mesía
3º PREMIO: Nerea Sánchez Grobas (atletismo)
2º PREMIO: Lucía Doval Sánchez (atletismo)
1º PREMIO:  Categorías inferiores do Visantoña Club de Fútbol
PROMESA: Gloria Iglesias Grobas (atletismo)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Directiva e colaboradores do Visantoña Club de Fútbol

Concello de Ordes
3º PREMIO: Escola municipal de tiro con arco
2º PREMIO: Escolas deportivas de taekwondo
1º PREMIO: Grupo Show Club Alquimia (patinaxe)
PROMESA: Andrea Castro Landeira (lanzamento de xavelina)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Jesús Maneiro Fandiño (chave)

Concello de Oroso
3º PREMIO: Sofía Zapata Fermín (taekwondo itf)
2º PREMIO: Equipo Fútbol Alevíns Escola Xuventude Oroso
1º PREMIO: Equipo Tenis de Mesa División de Honra Nacional
PROMESA: Bruno Saavedra Rodriguez (hockey a patíns e fútbol)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Ríos Rial (rally)

Concello de Tordoia
3º PREMIO: Alejandro Suárez García (natación)
2º PREMIO: Marta Rosende González (natación)
1º PREMIO: Martín Liste Viaño (atletismo)
PROMESA: Lucía Tasende Castro (patinaxe)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Susana Pena Varela(fútbol)

Concello de Trazo
3º PREMIO: Escolas Municipais Deportivas de Atletismo
2º PREMIO: Equipo categoría benxamín da Escola Municipal de Fútbol
1º PREMIO: Resmón Club de Fútbol
PROMESA: Manuel Vázquez Noya (fútbol)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: José Brea González(fútbol)

24 de decembro de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.